Que é dondelotiro.com?

dondelotiro.com é a plataforma educativa e informativa gratuíta que nace para dar resposta ás dúbidas que temos todos en materia de residuos.

Simplifica a xestión de residuos, afórralle diñeiro e tempo ao cidadán responsable que todos levamos dentro e, coa axuda de todos, pretende mellorar o entorno e a nosa calidade de vida.

É información e coñecemento para crear cidades máis intelixentes, eficientes e sostibles (Smart Cities) que xeren mellores resultados con menores custos.

Non é só un proxecto, dondelotiro.com é a paixón dun grupo de persoas por mellorar a calidade de vida dos cidadáns responsables que se esforzan día a día en xestionar correctamente os seus residuos.


Que non é dondelotiro.com?

Non é unha empresa xestora de residuos, pero axúdache a xestionar correctamente os teus residuos.

Non é unha ferramenta deseñada polas administracións públicas, pero conta co seu apoio o co de outras entidades que traballan con residuos.

Non é unha canle de publicidade das administracións públicas ou da súa xestión, pero pretende converterse nun instrumento de divulgación de boas prácticas e da correcta xestión de residuos, para reducirlle custos e tempo ao cidadán e ás administracións.


Quen somos?

Dondelotiro.com ideouno e creouno a cooperativa de consultoría ambiental Lmental (www.lmental.org).

Dondelotiro.com compono un equipo multidisciplinar que co seu empeño, dedicación e traballo queren mellorar o medio ambiente e a calidade de vida da cidadanía.

Ademais, tamén está formado por todos os axentes sociais implicados na xestión dos residuos que están apoiando e facendo realidade dondelotiro.com:

  • responsables e traballadores das entidades adheridas,
  • entidades e cidadáns comprometidos co medio ambiente que patrocinan e realizan achegas á iniciativa,
  • entidades que deciden anunciarse na plataforma conscientes da importancia que a sociedade lles outorga aos problemas ambientais, e como non,
  • os propios cidadáns responsables, usuarios da plataforma, que saben que un mundo máis sostible é un mundo mellor.
Visita o blog e aprende ideas xeniais de reciclaxe