Preguntas frecuentes

Que é dondelotiro.com?
É a plataforma web de referencia en información e en educación ambiental sobre residuos.
De maneira gratuíta, de maneira práctica e sinxela, pon á disposición da cidadanía e das administracións públicas toda a información necesaria para xestionar os seus residuos de forma correcta (social, económica e ambientalmente responsable); desde a prevención ou a reutilización dos residuos, ata a separación en orixe ou a elección do mellor lugar de depósito.

Que podo facer se encontro algunha información en dondelotiro.com que non é correcta?
A pesar de que se lograron acordos con moitas entidades para a actualización da información, pode ser que alguúns puntos sufriran modificacións.
Agradeceriámosche que se encontras un punto incorrecto, entendas que traballamos duro para que isto non suceda e que nolo comuniques. Comprobaremos e actualizaremos a nosa base de datos para mellorar o funcionamento da plataforma e que outras persoas se beneficien do cambio.

Por que non funciona dondelotiro no meu concello?
A información incluída na plataforma provén de diferentes fontes: concellos, SIG, empresas de xestión de residuos, xestores autorizados, entidades públicas e privadas etc.
Se dondelotiro.com non dá servizo ao teu concello é moi posible que os responsables de algunhas destas entidades non nos facilitasen aínda esta información; en tal caso invitámoste a enviarnos un e-mail, que utilizaremos para informar e conseguir unha rápida solución.

Hai outros sitios nos que deixar os meus residuos ademais dos que aparecen en dondelotiro?
Dondelotiro ten un compromiso contigo e actualiza mensualmente a súa base de datos.
Pode haber sitios que non temos e outros que temos pero que non están correctamente. Se sabes de algún, agradeceriámosche moito que nolo comunicases.

Quen paga dondelotiro?
Dondelotiro é un servizo totalmente gratuíto para os seus usuarios. Os ingresos desta plataforma proveñen da publicidade, dos patrocinios, dos servizos a empresas e das colaboracións.

Quen facemos dondelotiro?
dondelotiro.com somos un equipo de profesionais do ámbito ambiental (deseñadores, programadores web, avogados, técnicos, publicistas etc.) con moitas ganas de facer o noso mundo máis habitable.
A plataforma dondelotiro.com foi ideada, deseñada e implementada pola consultora ambiental Lmental (www.lmental.org).
Dondelotiro.com é un dos proxectos máis ambiciosos que levamos a cabo, pois constitúe a plataforma web de referencia en información e en educación ambiental sobre residuos. Unha plataforma que vai máis alá das competencias administrativas na materia e que ofrece unha ferramenta que dá a coñecer de maneira práctica e sinxela a correcta xestión dos residuos, contribuíndo así ao desenvolvemento sostible da nosa sociedade.

Que pretendemos?
Con dondelotiro.com queremos:
  • Facilitar o cumprimiento da directriz ambiental coñecida como as 3 erres (Reducir, Reutilizar e Reciclar), permitindo así aumentar as taxas de redución, reutilización e reciclaxe dos residuos.
  • Reducir o impacto ambiental e sobre todo os custos económicos asociados á xestión dos residuos xerados.
  • Facilitarlles ás administracóns públicas unha ferramenta única, económica e sinxela para o cumprimiento da normativa vixente sobre acceso á información ambiental.
  • Informar, sensibilizar e educar aos xeradores de residuos sobre a correcta xestión dos residuos que xeran e sobre como mellorar o seu comportamento ambiental.
  • Dispoñer dun instrumento para o deseño, desenvolvemento e implementación de políticas públicas ou privadas sobre a materia.
  • Facilitar un punto de intercambio de residuos, xerando sinerxias entre diferentes usuarios e/ou empresas, baixo a máxima de "o que para uns é residuo pode para outros ser un activo".
  • Facilitar unha ferramenta de marketing verde, co que as entidades comprometidas con valores ambientais poidan ofrecer de maneira inequívoca a dita imaxe.
A quen beneficiamos?
Á cidadanía:
  • Axuda a saber como xerar menos residuos, como separalos, cando depositalos e como facelo correctamente e de maneira sinxela.
  • Permite coñecer de forma rápida, sinxela e actualizada as localizacións máis próximas nas que depositar os residuos xerados.
  • Permite o aproveitamento ou reutilización de materias que para uns poden ser consideradas como residuos e para outros poden ser consideradas inputs (produtos inacabados) e, polo tanto, aproveitalas e/ou incluílas no seu proceso de produción, evitando consumos innecesarios e/ou xerando dese modo un beneficio económico.
Ás administracións públicas:
  • Permite que se produza un incremento nas taxas de redución, reutilización, separación e reciclaxe de residuos no seu territorio, así como reducir o impacto ambiental asociado e os custos económicos derivados da súa xestión.
  • Facilita unha plataforma de comunicación entre a administración e os seus cidadáns que permite o cumprimento das diferentes obrigas legais sobre información ambiental, xa que ofrece toda a información dispoñible sobre xestión de residuos.
  • Facilita a sensibilización e a educación cidadá e empresarial, ofrecendo información veraz, detallada e actualizada sobre a correcta xestión dos residuos que xeran e sobre como mellorar o seu comportamento ambiental.
  • Facilita un punto de intercambio de residuos, xerando así sinerxias entre diferentes usuarios e/ou entidades, baixo a máxima de "o que para un é un residuo para outro é un activo".
  • Facilita un instrumento para o deseño, desenvolvemento e implementación de políticas públicas ou privadas sobre a materia.
A entidades comprometidas co medio ambiente:
  • Permite que o público xeralista sea conciente da súa existencia e do seu labor.
  • Facilita unha ferramenta de marketing coa que as entidades poidan ofrecer de maneira inequívoca unha imaxe de entidade comprometida ambientalmente.

Se tes tempo e curiosidade, recomendámosche que leas a información relevante (boas prácticas, consellos...) incluídos na franxa verde que encontrarás debaixo das outras opcións de entrega.
Desta maneira poderás coñecer a localización exacta do punto de entrega máis próximo de calquera residuo xerado, o que che permitirá investir menos tempo e menos custo na túa búsqueda e reciclar de xeito máis sinxelo.

Por que se inclúen sistemas alternativos ao máis próximo ao meu domicilio?
Sempre damos máis de unha alternativa á hora de darche a mellor opción na que entregar o teu residuo. Pensamos que aínda que haxa un sitio moi preto do teu domicilio, pode ser que che guste máis outro ou que che cadre de camiño a algún outro sitio.